Arquivo para Marzo, 2012

Trátase dun deporte popular e tradicional galego, cunha ampla variedade de modalidades segundo onde se practique. Distribuido por toda Galicia e zonas limítrofes de Asturias e Castela León, consite en derrubar e alonxar uns bolos de madeira maciza (de forma cilíndrica ou cónica, duns 15 cm), cunha bola de madeira maciza (normalmente buxo).

Para saber máis sobre as reglas e modalidades podedes visitar o seguinte enlace

Tamén o seguinte video explica con moito detalle as variantes e formas de xogo

Advertisement

O Guá

Publicado: Marzo 24, 2012 en Uncategorized

De entre os xogos de canicas, aquel que mellor lembro é o do “guá”. 

O son característico do peto do pantalón ao ir para o cole, facer o guá co tacón do zapato, as partidas, gañar e perder canicas…

Como en case tódolos xogos populares e tradicionais, as variantes son moitas, e as regras mudan dunha bisbarra a outra con moita facilidade. Como a maioría dos xogos populares, está presente en moitos paises (Clica para máis información)

Tal e como lembro o xogo comezaba por facer o Guá (pequeno furado no terreo feito co tacón do zapato, xirando sobre el). Despois marcábase unha liña a uns 2-3 metros, cun pau. Comezaba o xogo rifando que tiraba primeiro colocados dende a altura do guá e tentando quedar o máis preto da liña. O que máis se acercase comezaba por tirar, tentando normalmente facer guá (introducir a canica no guá) para facer poder facer cuarta (medir unha cuarta dende o sitio que ocupaba a canica propia para proceder a tirar). Despois o resto de xogadores en orde de proximidade á liña. Unha vez feito o guá inicial xa se podía ir a por un dos rivais, podendo alternar e dándolle á canica de calqueira outro. Na modalidade que eu xogaba os toques tras facer guá eran:

  • Primeiras (un toque)
  • Segundas
  • Terceiras
  • Trúquilis e máis trúquilis (collíase a canica coa man e golpeábase dúas veces a canica do outro sen soltala)
  • Pé (si era despois do toque anterior, sen cuarta e coa canica próxima a do contrario, tíñase que golpear a canica do contrario e que a nosa e a del quedasen separadas o suficiente para entrar o noso pe no medio sen tocalas).
  • Pasodebola
  • Guá.

Tras facer guá o xogo para o noso contrincante remataba e pagaba unha canica. Se eran máis os contrincantes, podíase ir a por un ou outro segundo nos conviñese. Si nalgún momento se erraba o tiro ou no caso do pé a distancia era curta, tocáballe tirar ao seguinte (segundo a orde de inicio). Nota. Si por calquera motivo a nosa canica entraba no guá antes de dar os toques citados, perdíanse os xa dados e había que comezar de novo.