Arquivo para Maio, 2012

Por xogos e deportes alternativos nos referimos a xogos e deportes fora dos círculos habituais das competicións convencionais, e de feito son xogos que adoutan empregar espazos típicos doutros máis extendidos e coñecidos e mesmo xurden a maioría como unha necesidade de adaptar os máis prácticados a práctica desde os centros educativos, modificando alguns aspectos do regulamento.

Algúns dos primeiros que se chamaron así son hoxe deportes ou xogos consolidados dentro e fora do sistema educativo (badminton por exemplo), pero empezaron a traballarse nas aulas porque aportaban destrezas e habilidades distintas as que habitualmente se traballaban e mesmo aportaba algo novidoso as clases de Educación Física.

Se queres ampliar información consulta este link

Hainos que son individuais, por parellas, por equipos, cooperativos, cooperativos-oposición, etc. Algúns deles son: indiaca, kin-ball, Frisbee, Boomerang, Palas, Ultimate, floorball, etc. Tes máis información aquí

No noso caso imos destacar varios, coa idea de polos en práctica:

INDIACA: especie de volante con plumas que se golpea. Ver páxina

FLOORBALL: Derivado do Hokey

FRISBEE: os típicos “platillos volantes” ou discos voadores

KIN-BALL: xogo cun balon xigante entre tres equipos.

Ver páxina

Na wikipedia

COLPBOL: xogo de golpeo cunha pelota por equipos mixtos. Ver páxina

Podes ver un video neste link

Advertisement