Arquivo para Setembro, 2012

Atletismo

Publicado: Setembro 25, 2012 en Deportes, Educación, Uncategorized

Un pouco de historia:

O atletismo é a forma organizadas máis antiga do deporte. As primeiras reunións organizadas foron os Xogos Olímpicos, que iniciaron os gregos no 776 a.c. (antes de Cristo), nos que se competía en lanzamento de xabarina e disco, loita libre e saltos entre outras probas. Os xogos serían abolidos no século IV d. C.

O atletismo rexurdíu en Inglaterra a mediados do século XIX, destacando as competicións entre universidades.

Gracias a Pierre de Coubertin recuperáronse os Xogos Olímpicos no ano 1896, celebrándose a primeira edición dos Xogos Olímpicos Modernos en Atenas (Grecia). A partir de aquí fóronse incluindo outras modalidades deportivas ademais do atletismo, cobrando pouco a pouco máis interés e relevancia. Os Xogos Olímpicos celébranse cada 4 anos, cambiado o lugar de celebración cada edición (a última foi este verán en Londres)

Para máis información clica aquí

As competicións para ser consideradas como válidas oficialmente deben celebrarse nunha pista de atletismo con medidas oficiais. Tes a información aquí

pista D atletismoPodes ter máis información clicando aquí

As probas: Clica aquí para acceder á paxina do cadro de probas.

posteratletismo

Básicamente clasifícanse en Carreiras, Saltos, Lanzamentos, Marcha e Probas combinadas.

Dentro das carreiras temos:

  • Carreiras de Velocidade (distancias curtas como 100m, 200m, 400m)
  • Medio fondo (distancias de 800m, 1500m e 3000m)
  • Carreiras de fondo (distancias longas:5000m 10000m e marathon)
  • Carreiras de saltos (salto de valos: 110m valos, 3000m obstáculos entre outras)
  • Carreiras de relevos (aquí fai falla equipo de 4).

Marcha: nesta “carreira” está prohibido correr, xa que se fai andando:20 km e 50 km.

Saltos: Lonxitude, Triple salto (estos na horizontal), Altura e con pértiga (na vertical)

Lanzamentos: de Peso, Disco, Xabarina e Martelo.

Probas combinadas: Pentatlón, Heptatlón e Decatlón.

En 1960 tiveron lugar os primeiros Xogos Paralímpicos, que se celebran unha vez rematados os Xogos Olímpicos. Tes aquí a información

Advertisements