Deportes populares galegos

Publicado: Febreiro 25, 2013 en Deportes, Deportes Populares, Educación Física, Uncategorized, Xogos populares, Xogos populares

En Galicia destacan como deportes populares propios A Chave e os Birlos.

Outros xogos tamén extendidos, para nenos e adultos son a Billarda (aquí en Carnota Pinchín), A Porca, O Brilé, As Bolas (canicas), A Buxaina (peón, trompo ou sevillana).

En artigos anteriores falamos dos Birlos ou bolos celtas, falamos dos xogos populares e tipos.

bolosceltas2

Agora falaremos un pouco doutro deporte tradicional galego A CHAVE

A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos,pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces.

Pódese xogar en equipo ou por parellas. Cada zona ten as súas propias normas, que difiren entre si polo tamaño e forma da chave (con aspas ou sen elas, pequena ou grande, etc.), no tamaño e peso dos pellos e no xeito de puntuar. Así, a chave pode ser unha barra de ferro de 75 cm con dúas ou tres aspas arriba que poden xirarse sobre a barra, ou unha sorte de lingua de ferro sobre un cilindro que se apoia no chan. Existen tres tipos máis estendidos que os demais.

Tipos

A chave de Ourense

chaveourense

É de aspas (ou pas) horizontais. O vástago é unha peza grosa de ferro cun eixo groso duns 75 cm de lonxitude. Na parte inferior está afiado, para poder espetalo no chan. Na parte superior colócanse dúas aspas, de diferente lonxitude, situándose a máis pequena enriba e a máis grande abaixo, que viran de xeito horizontal. Os pesos (ou pellos) miden 6 cm de diámetro e 18 mm de groso.

Tamén existen as chaves dunha aspa (nalgúns lugares do Ribeiro e no litoral pontevedrés) ou de 3 aspas (nomeadamente no oriente ourensán e lugués)

 Para ampliar

A chave de Ferrolterra

chaveferrol

Ten unha aspa que xira de xeito vertical sobre un eixo horizontal

Para ser válida unha chave é preciso que xire unha ou máis voltas a pa que está máis preto da forquiña, tendo que ficar perpendicular ao armazón da mesma, logo de pasar por esta a outra pa. A chave non é válida se o pello no seu voo bate no chan antes de dar na pa, mais si é válida se bate na forquiña ou noutra parte do armazón de ferro do conxunto, facéndoa xirar despois. Porén, sempre se terá presente que toda chave dubidosa non debe darse por válida.

Para ampliar

A chave de Santiago

chave santiago

A chave é unha peza de ferro en forma de punta de lanza rústica ou lingua, que remata estreitándose na súa base. Os pesos son redondos e planos, alisados polas dúas caras.

Para ampliar

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s