Arquivo para a categoría ‘Xogos populares’

Peon2013

Chega o San Martiño, o magosto e as castañas e como non, o tempo do Peón.

Xa sabedes, “polo San Martíño, peóns ao camiño”.

O 11 de novembro non esquezas o peón, trompo, buxaina, sevillana, … na casa. Metedeo no peto que empeza o Tempo do peón, trompo, buxaina, sevillana,…

Clica neste link para ver unha actividade LIM sobre este xoguete tan noso e tan de todo o mundo.

Súmate a iniciativa de Brinquedía, Rede Galega do Xogo Tradicional

Advertisement

En Galicia destacan como deportes populares propios A Chave e os Birlos.

Outros xogos tamén extendidos, para nenos e adultos son a Billarda (aquí en Carnota Pinchín), A Porca, O Brilé, As Bolas (canicas), A Buxaina (peón, trompo ou sevillana).

En artigos anteriores falamos dos Birlos ou bolos celtas, falamos dos xogos populares e tipos.

bolosceltas2

Agora falaremos un pouco doutro deporte tradicional galego A CHAVE

A chave ou xogo da chave é un xogo popular galego que consiste en lanzar uns discos redondos e planos, denominados pesos, pellos,pellas ou peletres, sobre unha peza metálica, chamada chave, colocada a certa distancia. O obxectivo é petar cos pellos na chave o maior número de veces.

Pódese xogar en equipo ou por parellas. Cada zona ten as súas propias normas, que difiren entre si polo tamaño e forma da chave (con aspas ou sen elas, pequena ou grande, etc.), no tamaño e peso dos pellos e no xeito de puntuar. Así, a chave pode ser unha barra de ferro de 75 cm con dúas ou tres aspas arriba que poden xirarse sobre a barra, ou unha sorte de lingua de ferro sobre un cilindro que se apoia no chan. Existen tres tipos máis estendidos que os demais.

Tipos

A chave de Ourense

chaveourense

É de aspas (ou pas) horizontais. O vástago é unha peza grosa de ferro cun eixo groso duns 75 cm de lonxitude. Na parte inferior está afiado, para poder espetalo no chan. Na parte superior colócanse dúas aspas, de diferente lonxitude, situándose a máis pequena enriba e a máis grande abaixo, que viran de xeito horizontal. Os pesos (ou pellos) miden 6 cm de diámetro e 18 mm de groso.

Tamén existen as chaves dunha aspa (nalgúns lugares do Ribeiro e no litoral pontevedrés) ou de 3 aspas (nomeadamente no oriente ourensán e lugués)

 Para ampliar

A chave de Ferrolterra

chaveferrol

Ten unha aspa que xira de xeito vertical sobre un eixo horizontal

Para ser válida unha chave é preciso que xire unha ou máis voltas a pa que está máis preto da forquiña, tendo que ficar perpendicular ao armazón da mesma, logo de pasar por esta a outra pa. A chave non é válida se o pello no seu voo bate no chan antes de dar na pa, mais si é válida se bate na forquiña ou noutra parte do armazón de ferro do conxunto, facéndoa xirar despois. Porén, sempre se terá presente que toda chave dubidosa non debe darse por válida.

Para ampliar

A chave de Santiago

chave santiago

A chave é unha peza de ferro en forma de punta de lanza rústica ou lingua, que remata estreitándose na súa base. Os pesos son redondos e planos, alisados polas dúas caras.

Para ampliar

Cando falamos de xogos populares referímonos a aqueles xogos que están moi extendidos xeográficamente.
Si falamos de xogos tradicionais facemos referencia a xogos  presentes nunha zona ou varias que se transmite de xeración en xeración e forman parte da cultura desa zona.
Nós ímonos referir en concreto aos xogos populares e tradicionais, entendendo por elo aqueles moi extendidos na súa práctica pero que tamén veñen transmitíndose de pais a fillos dende hai tempo.

É dificil pretender facer unha clasificación dos xogos e deportes populares e tradicionais galegos.
Un mesmo xogo ou deporte pode ter moitas variantes (con distintos nomes, regras ou material).
Aínda así podemos falar de xogos, deportes, enredos  e cantinelas ou recitados como propoñen dende Brinquedia.
Así mesmo os xogos e deportes deben ser obxecto de nova clasificación: Xogos de pillar, xogos de corro, xogos de choutar, xogos de comba, xogos de bolas, xogos de forza, xogos de puntería, xogos de estar quedos, grandes xogos, xogos de maiores, etc., e poderiamos seguir a facer categorías.

Podedes ver a actividade LIM da páxina do cole clicando aquí coa clasificación

Os xogos populares están moi extendidos, e un mesmo xogo ten moitos nomes distintos segundo a zona onde se practique, moitas veces con pequenas variacións nas regras e formas de xogar.
Algúns deles tiñan o seu tempo, e nese prácticamente só se xogaba a el.
Moitos deles eran máis ben cousa ou de nenos ou de nenas, e incluso algúns máis ben cousa de maiores.
Os xoguetes facíanse na casa, polo propio neno ou por un maior, con mateirais comúns nas casas.

Neste mesmo blog tedes un artigo sobre os bolos ou birlos celtas.- Clica aquí

Trátase dun deporte popular e tradicional galego, cunha ampla variedade de modalidades segundo onde se practique. Distribuido por toda Galicia e zonas limítrofes de Asturias e Castela León, consite en derrubar e alonxar uns bolos de madeira maciza (de forma cilíndrica ou cónica, duns 15 cm), cunha bola de madeira maciza (normalmente buxo).

Para saber máis sobre as reglas e modalidades podedes visitar o seguinte enlace

Tamén o seguinte video explica con moito detalle as variantes e formas de xogo